Abastos 2.0

Subtitulo: Barra Efémera

Bitácora de Prensa

SOBRE NÓS




Chamáronnos de todo. Neotendeiros, chiringuito de asfalto, taberna reinventada... Pero, ¿que é Abastos 2.0? Non é un bar, nin un café, nin tan sequera un restaurante. Preferimos definirnos como un Espazo Gastronómico.

Un mesado que funciona como pase, divide unha cociña do século XXI a modo de escaparate dun pequeno espazo concebido para o goce e pracer da gastronomía de mercado. Unha barra que se converte nun mostrador, andéns cheos de referencias das bodegas galegas, puntos de apoio funcionais, luces e focos orientados para crear unha sensación de ambiente teatral... Toda unha declaración de intencións. Deseño, tradición e produto mézclanse nun local que se remonta a 1873. Isto é Abastos 2.0..


Que facemos, como o facemos e cando o facemos?

Para entender os conceptos, visita: "El concepto es el concepto" by Pazos

Domingo e Luns: Peche.

Martes:

12-15h: Cociña Miúda_Sesión Vermú.

Xantar SEN reserva (12-15h): Como novidade, este ano, de martes a venres, a mesa estará montada para o servizo. Unha vez dentro, arredor da mesa-barra, e xa sentado, hai dúas opcións: podes petiscar, escollendo un prato ou mais ao teu antollo para acompañar a túa consumición, ou podes Xantar. As propostas do día están pensadas para que combinándoas entre si, podas tomar o que equivalería ao antigo menú Do Mercado que custará en función do produto do día entre 10 e 30 euros.   Ademais da opción fora de pizarra da Sobremesa do día ou outros peixes e carnes...
Por suposto, e como sempre nos ventanais-terraza podes tomar a consumición desexada e petiscar calquera das propostas do día da nosa CociñaMiúda.


A Partir das 15h e baixo  reserva: Mesa de Xantares

A partir das 22h, Porta Pechada.

Mércores, Xoves e Venres:

12-15h: Cociña Miúda_Sesión Vermú e Xantares sen Reserva
A Partir das 15h e baixo  reserva:Mesa de Xantares
19-22h: Cociña Miúda_Merenda Cea.
A partir das 22h, Porta Pechada.



Sábado:

11-12h: Pequeno Almorzo
12-15h: Cociña Miúda_Sesión Vermú.
15.05h: Mesa de Xantares: Comezamos un pouquiño mais tarde que pola semana pois a Sesión Vermú de Sábado está mais que animada por mor de que é dia grande de Mercado...
A partir das 22h, Porta Pechada.

Para outros servizos… ¡Pódese Falar!
Para falar con nos:
Teléfono nos nosos horarios: 981.576.145
E fora do horario de Abastos e 24h no Stop: 645.053.470